O Goberno Central prevé ampliar a prórroga extraordinaria dos alugueiros ata xullo de 2028 | Observatorio de Vivenda

O Goberno Central prevé ampliar a prórroga extraordinaria dos alugueiros ata xullo de 2028

O Goberno Central prevé ampliar a prórroga extraordinaria dos alugueiros ata xullo de 2028

O Goberno acordou incluír no próximo real decreto lei de vivenda unha prórroga extraordinaria dos contratos de alugueiro que rematen antes de xullo de 2028, tras un acordo entre PSOE e Sumar. A medida podería beneficiar, segundo Sumar, a arredor de catro millóns de persoas e 1,5 millóns de fogares. O decreto tamén incorporará actuacións para favorecer a estabilidade dos contratos, reducir o prezo dos alugueiros, combater a fraude e regular os alugueiros de tempada e por habitacións, ademais de establecer a obrigatoriedade de formalizar os contratos por escrito e incentivos fiscais para os propietarios que reduzan as rendas.

O texto incluirá igualmente medidas destinadas a incrementar a oferta de vivenda asequible, entre elas un aumento do IVE aplicado ás vivendas de uso turístico e cambios para axilizar procedementos administrativos. A aprobación parlamentaria do decreto continúa sendo incerta debido ás diferenzas entre os grupos que sustentan habitualmente ao Executivo. Podemos, PNV e Junts formularon distintas condicións e reservas sobre o contido da norma, relacionadas coa reforma da lei do solo, os requisitos para acceder á prórroga dos alugueiros, a fiscalidade das vivendas turísticas e a protección das familias vulnerables fronte aos desafiuzamentos.

Fonte.- La Voz de Galicia