O Goberno chinés aproba a redución do 5% ao 3% do IVE para as vivendas que se vendan antes de dous anos | Observatorio de Vivenda

O Goberno chinés aproba a redución do 5% ao 3% do IVE para as vivendas que se vendan antes de dous anos

O Goberno chinés aproba a redución do 5% ao 3% do IVE para as vivendas que se vendan antes de dous anos

A última iniciativa do Goberno chinés consiste en reducir o IVE aplicado á venda de vivendas de curta posesión, é dicir, aquelas transmitidas antes de cumprir dous anos, do 5% ao 3%, unha medida que entrará en vigor en xaneiro de 2026 segundo o Ministerio de Finanzas. As vivendas mantidas máis tempo seguirán exentas deste imposto, mantendo así o marco aprobado en 2024. O cambio integra estas operacións no réxime simplificado do IVE, cun tipo máis baixo e un cálculo máis sinxelo, co obxectivo de diminuír a carga fiscal e administrativa na compravenda de segunda man. Esta rebaixa súmase a outras concesións recentes, como a redución do imposto de escrituras ao 1% para vivendas de ata 140 metros cadrados e a exención do imposto sobre a renda cando o inmoble foi residencia habitual durante máis de cinco anos.

Desde o colapso de Evergrande en 2021, o inmobiliario chinés continúa perdendo folgos, cunha actividade construtiva que caeu a mínimos de máis de vinte anos. Ata novembro de 2025, a superficie de novas vivendas iniciadas reduciuse preto dun 20% interanual, mentres que as vendas tamén retrocederon máis dun 8%. A relación entre obras iniciadas e vivendas vendidas situouse por debaixo do 60%, un nivel historicamente baixo que contrasta coa etapa de forte expansión vivida entre finais dos anos noventa e mediados da década pasada. 

Fonte.- El Economista