O Goberno suízo endurece o acceso á vivenda para non residentes con novas esixencias legais | Observatorio de Vivenda

O Goberno suízo endurece o acceso á vivenda para non residentes con novas esixencias legais

O Goberno suízo endurece o acceso á vivenda para non residentes con novas esixencias legais

O Goberno suízo expón un endurecemento das condicións para a adquisición de vivenda por parte de cidadáns estranxeiros, especialmente aqueles procedentes de países fóra da UE e da Asociación Europea de Libre Comercio. A proposta establece a obrigatoriedade de obter unha autorización administrativa previa para poder comprar inmobles. Ademais, introdúcese a esixencia de revender a propiedade nun prazo de dous anos no caso de cambio de residencia, co obxectivo de reducir a presión sobre o mercado inmobiliario nacional.

As medidas tamén inclúen restricións adicionais á compra de locais comerciais e vivendas de uso vacacional, así como limitacións á participación en sociedades inmobiliarias cotizadas. No ámbito comercial, os estranxeiros non poderán adquirir establecementos sen explotalos directamente nin destinalos posteriormente ao alugueiro. Estas disposicións responden á crecente tensión no acceso á vivenda nun contexto no que a poboación supera os 9 millóns de habitantes, impulsada en parte pola inmigración, o que incrementa a demanda residencial.

Fonte.- El Economista