O Pacto Social pola Vivenda 2021-2025 avanza co obxectivo de mobilizar máis de 1.080 millóns de euros e chegar a 70.000 familias

O Pacto Social pola Vivenda 2021-2025 avanza co obxectivo de mobilizar máis de 1.080 millóns de euros e chegar a 70.000 familias

Esta semana avanzouse o Pacto Social pola Vivenda 2021-2025 co obxectivo de mobilizar máis de 1.080 millóns de euros entre fondos públicos e privados e chegar a 70.000 familias. Está estruturado en catro liñas estratéxicas e con preto de medio cento de accións que combinan medidas implantadas con 12 iniciativas novidosas, o titular da Xunta subliñou que para acadar todos os obxectivos prevese un investimento directo duns 433 millóns, o que axudaría a manter aproximadamente 30.000 postos de traballo e a reactivar a economía tras a incerteza e a actividade por mor da pandemia.

Dentro da liña estratéxica por facer máis accesible a vivenda, establécese a posta en marcha de medidas para dar un novo impulso á adquisición de vivendas protexidas, mediante axudas de ata 20.000 euros para familias con ingresos inferiores a 4,5 veces o IPREM.

Por outra parte, dentro da aposta pola rexeneración dos espazos urbanos, a rehabilitación de vivendas e o compromiso coas zonas menos poboadas, o Goberno galego seguirá fomentando a reconstrución de vivendas en núcleos rurais, mediante incentivos a particulares que sexan autopromotores de vivendas en concellos con saldo demográfico negativo.

Por outra banda, implantaranse medidas como a posta en funcionamento do rexistro de informes de avaliación de edificios; ou un plan de cesión e venda de locais do IGVS, para favorecer o seu arrendamento a favor de entidades sociais sen ánimo de lucro, cun período de carencia de tres anos e renda limitada durante cinco.

Fonte | Xunta de Galicia