O prezo da vivenda na Coruña sobe un 12,6% no último ano e achégase aos 2.830 euros/m² en xullo, segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda na Coruña sobe un 12,6% no último ano e achégase aos 2.830 euros/m² en xullo, segundo Idealista

O prezo da vivenda na Coruña sobe un 12,6% no último ano e achégase aos 2.830 euros/m² en xullo, segundo Idealista

En xullo de 2025, o prezo medio da vivenda na cidade da Coruña situouse en 2.828 euros por metro cadrado, segundo cifras de Idealista. Isto supón un lixeiro incremento respecto de xuño (+0,7%), unha suba máis marcada no último trimestre (+4,4%) e un notable avance interanual (+12,6% en comparación con xullo de 2024). A pesar deste crecemento sostido, o mercado coruñés aínda non recuperou o teito alcanzado no ano 2008, cando se rexistrou un máximo de 2.895 euros/m², quedando aínda un 2,3% por debaixo daquela marca histórica. 

A análise por barrios mostra unha clara fenda entre as zonas máis céntricas e as periféricas. Nos distritos de maior prestixio, como a Cidade Vella-Centro (3.992 €/m²) ou o Ensanche-Juan Flórez (3.666 €/m²), os prezos manteñen niveis moi elevados, mentres que áreas como Riazor ou Monte Alto superan tamén os 3.000 €/m². Pola contra, sectores como Elviña-A Zapateira (1.824 €/m²) ou Agra do Orzán-Ventorrillo (1.999 €/m²) seguen sendo as opcións máis accesibles, malia rexistrar tamén incrementos anuais. Destaca especialmente Someso-Matogrande, cunha subida récord do 25% nun só ano, consolidándose como unha das zonas en expansión máis dinámicas da cidade. 

Fonte.- Idealista