O prezo da vivenda subiría un 9% en España en 2025 e 2026, segundo previsións de Singular Bank | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda subiría un 9% en España en 2025 e 2026, segundo previsións de Singular Bank

O prezo da vivenda subiría un 9% en España en 2025 e 2026, segundo previsións de Singular Bank

Segundo o informe de perspectivas inmobiliarias publicado por Singular Bank, espérase que o prezo da vivenda en España continúe a súa tendencia ascendente durante 2025 e 2026, cun incremento acumulado próximo ao 9%. A entidade destaca que esta evolución virá favorecida por unha política monetaria máis flexible, o crecemento demográfico e unha mellora constante da renda dos fogares. Estes factores contribuirán a estimular tanto a demanda como o investimento en todos os segmentos do mercado residencial.

A previsión de mellora na capacidade económica das familias tamén xogará un papel relevante, xa que se estima un aumento da renda bruta dispoñible do 5,5% en 2025 e do 4,5% en 2026, mentres que a renda media por fogar medraría un 3,5% e un 2,5%, superando a inflación agardada. A combinación dun euríbor máis baixo, que podería achegarse ao 2% no verán de 2025, e unha taxa de esforzo hipotecario próxima ao nivel de equilibrio histórico (34,4%), facilitará o acceso ao financiamento. Isto, xunto co contexto de presión en áreas de alta demanda, seguirá impulsando tanto os prezos de venda como os alugueiros, cunha suba estimada do 5% en 2025 e do 3,5% en 2026.

Fonte.- Idealista