O prezo da vivenda usada crece un 15,3% no terceiro trimestre interanual e mantense en valores máximos, segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda usada crece un 15,3% no terceiro trimestre interanual e mantense en valores máximos, segundo Idealista

O prezo da vivenda usada crece un 15,3% no terceiro trimestre interanual e mantense en valores máximos, segundo Idealista

O mercado da vivenda de segunda man en España continúa á alza. No terceiro trimestre do ano os prezos subiron un 15,3% respecto ao mesmo período do ano anterior, superando o incremento do trimestre anterior (14%). O prezo medio sitúase en 2.517 euros por metro cadrado, segundo o índice de idealista, o que supón un novo máximo histórico. Nos últimos tres meses o avance foi do 3,2%. A práctica totalidade das capitais rexistraron aumentos interanuais, agás Girona, onde se produciu unha baixada do 3,5%. As maiores subas déronse en Teruel (20,9%), Guadalajara (20%) e Madrid (19,4%), mentres que as máis moderadas se viron en Cádiz, Badajoz e Huesca.

As cidades máis caras seguen a ser San Sebastián, Madrid, Palma, Barcelona e Bilbao, todas con valores moi por riba da media estatal, mentres que Zamora se sitúa no extremo contrario como a capital máis barata, con apenas 1.270 euros por metro cadrado. En setembro, nove capitais, entre elas Valencia, Málaga e Bilbao, acadaron prezos máximos. A nivel autonómico, todas as comunidades experimentaron incrementos no último ano, destacando Madrid cunha subida do 21,7%, seguida de Andalucía, Murcia e Cantabria, todas con alzas de dous díxitos. Pola contra, rexións como Extremadura, Navarra, Aragón, Galicia e A Rioxa apenas superaron o 4%.

En canto ás provincias, Baleares lidera a clasificación cun prezo medio de 5.090 euros por metro cadrado, seguido de Madrid e Guipúscoa. Tamén destacan Málaga, Santa Cruz de Tenerife e Bizkaia con valores elevados. No lado máis accesible están Ciudad Real, Jaén e Cuenca, todas por baixo dos 850 euros por metro cadrado. As maiores revalorizacións rexistráronse en Valencia, Madrid e Murcia, mentres que cinco provincias, entre elas Ourense, Teruel e Jaén, viron como o custo das vivendas baixaba no último ano. Esta realidade evidencia unha forte presión alcista nos grandes mercados e destinos turísticos, fronte á estabilidade ou mesmo retrocesos en territorios do interior.

Fonte.- Idealista