O prezo do alugueiro subirá un 12% en 2026, segundo as predicións de Tecnicasa | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro subirá un 12% en 2026, segundo as predicións de Tecnicasa

O prezo do alugueiro subirá un 12% en 2026, segundo as predicións de Tecnicasa

O Grupo Tecnitasa prevé que en 2026 continúe a escalada dos prezos da vivenda, cun encarecemento próximo ao 10% no caso da obra nova e arredor do 8% na vivenda usada. No mercado do alugueiro a presión será aínda maior, con subas estimadas dun 12%, impulsadas pola retirada de inmobles da oferta ante a inseguridade xurídica e pola persistencia dunha demanda moi elevada. Este desequilibrio estrutural explícase porque a construción anual de novas vivendas apenas supera as 100.000 unidades, mentres que a creación de novos fogares será máis do dobre, en boa medida pola chegada de poboación inmigrante, o que intensificará as tensións de prezos, sobre todo nas áreas máis demandadas.

Este contexto está a facer cada vez máis difícil o acceso á vivenda para os fogares con menos ingresos e, de maneira especial, para a xente nova, tanto na compra como no alugueiro. Ante a escaseza de solo dispoñible nas cidades consolidadas, gañan peso as operacións de cambio de uso, transformando edificios de oficinas en vivendas, a pesar da súa maior complexidade urbanística. Tamén medra a reconversión de locais comerciais sen viabilidade económica en inmobles residenciais, incluíndo fórmulas de alugueiro accesible e vivenda social, favorecidas pola presión da demanda e por unha maior apertura administrativa cando se trata de prezos máis contidos.

Fonte.- Idealista