O prezo do metro cadrado en Vigo crece mentres hai unha carencia de oferta, segundo a análise inmobiliaria de Atlas Real Estate Analytics

O prezo do metro cadrado en Vigo crece mentres hai unha carencia de oferta, segundo a análise inmobiliaria de Atlas Real Estate Analytics

Vigo é a cidade por metro cadrado de vivenda máis caro de Galicia, e a cidade onde se rexistra a maior taxa de esforzo para a adquisición de vivenda. O conselleiro delegado e cofundador de Atlas Real Estate Analytics presentou a análise do mercado inmobiliario de Vigo realiza cunha ferramenta de Intelixencia Artificial. Este informe foi presentado durante a xornada organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia en colaboración con Abanca, que se dedicou ás tecnoloxías que se están aplicando no sector inmobiliario.

O resultado amosado é que dende a pandemia o aumento de prezo foi constante e sólido, así como unha notoria carencia de oferta. A pesar de que o prezo da vivenda baixou, o prezo por metro cadrado aumentou, o que significa que as vivendas son cada vez máis pequenas. O stock de vivenda en Vigo está caendo, como tamén o está facendo o tempo de venda. É dicir, hai menos oferta e é máis cara. 

Adicionalmente, o alugueiro de vivendas enfróntase a varios problemas que non se refiren únicamente aos números dende o punto de vista da financiación. Segundo Alfredo Díaz-Areque, do gabinete da ministra de vivenda, a dixitalización, a demografía e a descarbonización van marcar o futuro do sector. As esixencias de sostenibilidade implican que a rehabilitación de inmobles non ten retorno en rendas para os inversores. 

Fonte.- Circulo de Empresarios de Galicia