O prezo dos alugueiros subiu un 7% en Galicia no 2019 segundo o portal Idealista

O prezo dos alugueiros subiu un 7% en Galicia no 2019 segundo o portal Idealista

O diario O correo galego analiza hoxe os datos outorgados polo portal Idealista sobre o mercado inmobiliario e de aluguer en 2019. De media en Galicia, os alugueres creceron un 7% durante o último ano. Desagregando por provincias, as da Coruña e Lugo creceron por encima da media, cun 12 e 9% respectivamente. Pola súa banda, os alugueres tamén creceron en Pontevedra un 5,6%, mentres que en Ourense obsérvanse descensos no nivel de prezos dun 2,5%.

En canto á evolución por cidades e municipios, o de Santiago experimentou a maior subida dos alugueres cun 14% de aumento. Con todo, Vigo e Ourense rexistraron descensos nos prezos do 1,2 e 2,6% respectivamente.

O presidente da Federación Galega de Inmobiliarias (Fegein), aínda tomando estas cifras como tendencias e con reservas, considera que na actualidade a rendibilidade da vivenda en aluguer, tanto tradicional como turística, "pulveriza calquera outra rendibilidade financeira". Indica, segundo os datos que manexa Fegein, que a realidade é que a rendibilidade se atopa, cada vez máis, no mercado de aluguer de vivendas turísticas e aí é onde, mes a mes, están a derivarse pisos en arrendamento do circuíto de comercialización tradicional ao turístico.

Para o presidente de Fegein o problema concéntrase nas 7 grandes cidades de Galicia e os seus concellos limítrofes.

Fonte| El Correo Gallego