O prezo dunha vivenda de segunda man nas cidades duplica ao prezo no rural, segundo un estudo de Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo dunha vivenda de segunda man nas cidades duplica ao prezo no rural, segundo un estudo de Idealista

O prezo dunha vivenda de segunda man nas cidades duplica ao prezo no rural, segundo un estudo de Idealista

A finais de 2025, mercar unha vivenda en áreas urbanas practicamente duplica o prezo das zonas rurais, cunha diferenza media do 99%, segundo un estudo de Idealista/data. Mentres nas zonas con maior densidade de poboación o prezo medio alcanza os 2.906 euros por metro cadrado, nos ámbitos rurais sitúase arredor dos 1.459 euros, aínda que con fortes contrastes segundo a provincia. Madrid lidera a fenda urbano-rural cunha diferenza do 131%, seguida de Álava, Salamanca, Cáceres ou Valladolid, onde os baixos prezos do rural explican gran parte desta desigualdade.

Nos principais mercados residenciais, como Barcelona ou Sevilla, a diferenza tamén é notable, superando o 70%, aínda que resulta máis moderada en provincias como Málaga ou Valencia. Destacan tamén territorios cunha vivenda urbana especialmente cara, como Baleares, Guipúzcoa ou Santa Cruz de Tenerife, onde mesmo os prezos no rural son elevados. Pola contra, Lleida rompe a tendencia xeral, xa que as vivendas en zonas rurais superan en prezo ás urbanas, impulsadas polo atractivo das áreas de montaña e das estacións de esquí. No extremo máis accesible sitúanse provincias como Ciudad Real, Jaén ou Cuenca, con prezos urbanos por baixo dos 1.100 euros por metro cadrado, e zonas rurais de ata quince provincias con valores inferiores aos 1.000 euros. Factores como o estado dos inmobles, o tamaño, a poboación, as infraestruturas ou o dinamismo económico explican estas diferenzas entre territorios.

Fonte.- Idealista