O último informe do Banco de España eleva a 750.000 vivendas o déficit residencial | Observatorio de Vivenda

O último informe do Banco de España eleva a 750.000 vivendas o déficit residencial

O último informe do Banco de España eleva a 750.000 vivendas o déficit residencial

O Banco de España advirte de que o desequilibrio entre a oferta e a demanda de vivenda continúa intensificándose e estima que entre 2021 e 2025 se acumulou un déficit de 750.000 vivendas, por enriba das 600.000 estimadas anteriormente. Aproximadamente a metade desta carencia concéntrase nas provincias de Madrid, Barcelona, Alicante, Valencia, Murcia e Málaga. O organismo considera que esta tendencia continuará aumentando debido á incapacidade da nova construción para responder ao incremento dos fogares e á presión da demanda residencial.

O informe atribúe esta situación a varios factores estruturais: menor dispoñibilidade de solo nas áreas con maior demanda, lentitude nos procesos urbanísticos e de execución das obras, menor produtividade do sector da construción, escaseza de man de obra e baixa rendibilidade das promocións. Tamén sinala que as compras por parte de non residentes e determinados usos alternativos reducen o parque dispoñible para residencia habitual nalgunhas zonas.

Fonte.- El País