A oferta de alugueiro permanente cae un 3% mentres a de tempada increméntase un 25% no primeiro trimestre | Observatorio de Vivenda

A oferta de alugueiro permanente cae un 3% mentres a de tempada increméntase un 25% no primeiro trimestre

A oferta de alugueiro permanente cae un 3% mentres a de tempada increméntase un 25% no primeiro trimestre

No primeiro trimestre de 2025, os alugueiros de tempada representaron o 14% da oferta total, cun crecemento do 25% respecto ao ano anterior. Pola contra, os alugueiros permanentes caeron un 3% no mesmo período. Cidades como Barcelona (47%) ou San Sebastián (37%) concentran gran parte desta modalidade, mentres que outras como Badaxoz, Girona, Cádiz ou Tarragona tamén amosan porcentaxes destacables. Madrid e Bilbao presentan un 17% e 15% respectivamente.

En áreas como Ceuta, Melilla e Logroño apenas rexistran actividade nesta modalidade, mentres que noutras capitais como Lugo, Zamora ou Cáceres apenas chega ao 1%. Aínda así, o crecemento foi moi marcado en pequenos mercados onde antes practicamente non existía este tipo de oferta. Destacan os casos de Ourense, cun incremento do 300%, ou Pontevedra, cun 125%, así como Toledo, Jaén e Guadalajara. Porén, noutras cidades como Sevilla, Málaga, Melilla ou Logroño, a oferta deste tipo reduciuse considerablemente.

Mentres tanto, a oferta de alugueiros permanentes continúa á baixa en moitas cidades españolas. As catro capitais catalás sitúanse entre as máis afectadas, encabezadas por Girona (-42%), seguida de Barcelona, Lleida e Tarragona. En cidades como San Sebastián e Palma a caída foi do 18%, e en Sevilla e Bilbao do 5%. Porén, algunhas urbes comezan a mostrar sinais de recuperación, como Ávila (+83%) e Ceuta (+49%). Entre os grandes mercados, Málaga (+21%), Valencia (+8%), Alicante (+6%) e Madrid (+4%) rexistraron incrementos na dispoñibilidade de vivendas permanentes en alugueiro.

Fonte.- Idealista