A oferta de habitacións para alugar creceu un 19% en 2025, mentres que o prezo fíxoo un 4%, segundo datos de Idealista | Observatorio de Vivenda

A oferta de habitacións para alugar creceu un 19% en 2025, mentres que o prezo fíxoo un 4%, segundo datos de Idealista

A oferta de habitacións para alugar creceu un 19% en 2025, mentres que o prezo fíxoo un 4%, segundo datos de Idealista

A oferta de cuartos en pisos compartidos medrou con forza ao longo de 2025, cun aumento próximo ao 20% respecto ao ano anterior, segundo os datos máis recentes de idealista. Este incremento veu acompañado dunha subida moderada dos prezos, que avanzaron arredor dun 4% e situaron o custo medio mensual en España nos 425 euros. O interese por este tipo de aloxamento tamén aumentou, aínda que de forma máis contida, cun 3% máis de persoas interesadas, o que reflicte que a demanda e a oferta evolucionaron a un ritmo semellante.

Entre as capitais con maiores incrementos destacan Teruel, onde o número de cuartos dispoñibles máis que se duplicou (+111%), Ávila (+108%), Segovia (+102%), Ourense (+100%) e Zamora (+80%). Nas grandes cidades, Madrid ampliou a súa oferta un 21% e Barcelona un 15%, mentres que noutros puntos como Castellón de la Plana (-45%) ou Pamplona (-37%) produciuse un forte retroceso.

No que respecta aos prezos, as maiores subas rexistráronse en Zamora (+20%), Teruel (+19%) e en cidades como Ourense, Segovia e Oviedo, cun incremento do 17%. Barcelona continúa sendo a capital máis cara para alugar unha habitación, cunha media de 600 euros ao mes, seguida de Madrid (575 euros) e Palma (525 euros). No extremo contrario sitúanse Badajoz, Ciudad Real e Jaén, con prezos arredor dos 250 euros mensuais. A competencia por cada cuarto aumentou un 3% a nivel estatal, con casos moi destacados como Castellón (+200%) ou Huelva (+140%), mentres que en Madrid e Barcelona esa presión baixou un 11% e un 14%, respectivamente.

Fonte.- Idealista