A oferta de vivendas okupadas que se ofertan en venda no portal Idealista creceron un 4,6% no último trimestre | Observatorio de Vivenda

A oferta de vivendas okupadas que se ofertan en venda no portal Idealista creceron un 4,6% no último trimestre

A oferta de vivendas okupadas que se ofertan en venda no portal Idealista creceron un 4,6% no último trimestre

O mercado de vivendas á venda sen posesión pechou 2025 cun total de 24.058 anuncios en España, segundo datos de Idealista, o que supón un incremento trimestral do 4,6%. A distribución territorial amosa unha forte concentración por comunidades autónomas: Cataluña reúne arredor do 40% desta oferta, seguida de Andalucía cun 20% e a Comunitat Valenciana co 11%. Murcia e a Comunidade de Madrid representan cada unha o 7%, mentres que Castela-A Mancha alcanza o 4%. Canarias concentra o 3% e Baleares o 2%, e no resto das comunidades a presenza é marxinal, con especial baixa incidencia en La Rioja e Navarra, que non teñen peso estatístico neste ámbito.

Por provincias, Barcelona destaca como a que presenta maior proporción de vivendas ocupadas no mercado de compravenda, cun 8,3% do total, seguida de Sevilla, Huelva e Murcia, todas por riba do 5%, e Almería cun 5,4%. Tamén superan a media estatal Toledo, Lleida, Tarragona e Girona, mentres que Madrid sitúase no 2,6%. No ámbito urbano, Tarragona é a capital onde este tipo de inmobles ten maior presenza relativa, con máis do 8% da oferta, por diante de Girona, Huesca, Murcia e Almería. Outras cidades como Sevilla, Huelva, Lleida, Las Palmas de Gran Canaria, Málaga e Barcelona tamén se manteñen por riba da media. Pola contra, Soria non rexistra ningún caso, e en León, Segovia, Melilla ou Salamanca a incidencia é moi reducida. En canto á evolución recente, os maiores incrementos porcentuais déronse en capitais con poucos casos previos, como Guadalajara, Teruel ou Pamplona, mentres que en grandes cidades como Barcelona, Sevilla ou Valencia a oferta deste tipo de vivendas reduciuse no último trimestre.

Fonte.- 20minutos