Os datos de Hipotecas do mes de abril do INE presentan un descenso interanual do 18,4%

Os datos de Hipotecas do mes de abril do INE presentan un descenso interanual do 18,4%

Os datos do INE correspondentes as hipotecas do pasado mes de abril de 2020, reflicten un descenso interanual do 18,4%, moi en liña co descenso rexistrado o pasado mes de marzo do 14,6%, despois de que en febreiro se rexistrara un incremento interanual do 16,1%. Supoñendo o terceiro incremento consecutivo nesta estatística, que mostraba que os efectos da Lei Hipotecaria xa se tiñan superado. 

Durante o mes de abril, mes de pleno confinamento, firmáronse 23.840 hipotecas, a cifra máis baixa dos últimos tres anos nun mes de abril. Ainda que non é unha cifra moi afastada a meses de abril de anos anteriores, onde en 2019 firmáronse 29.032 hipotecas, en 2018 firmáronse 29.050 e en 2017 firmáronse 21.400. 

O descenso recollido no mes de abril no número de hipotecas inscritas é unha consecuencia directa da declaración do estado de alarma, que fixo que moitas operacións quedasen paradas durante varios meses. Así, moitas operacións que quedaron aprazadas estanse retomando co inicio da desescalada e reflectiranse nos datos de finais de maio ou xuño.

 

Fonte | Fotocasa