A periferia das grandes cidades concentra a maior demanda de alugueiro no primeiro trimestre, segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

A periferia das grandes cidades concentra a maior demanda de alugueiro no primeiro trimestre, segundo Idealista

A periferia das grandes cidades concentra a maior demanda de alugueiro no primeiro trimestre, segundo Idealista

A demanda de vivenda en alugueiro concéntrase de forma crecente nos municipios periféricos das grandes áreas metropolitanas, especialmente arredor de Barcelona e Madrid, onde se localizan 14 das 20 localidades con maior presión relativa entre oferta e procura. Segundo un estudo de Idealista, destacan Terrassa, Leganés, Hospitalet de Llobregat, Getafe, Alcorcón e Badalona, seguidas doutras como Móstoles, Alcalá de Henares ou Sabadell. Este comportamento reflicte un desprazamento da demanda cara contornas urbanas próximas, impulsado pola diferenza de prezos: mentres nas capitais Madrid e Barcelona as rendas medias superan os 1.700 euros mensuais, nos municipios da súa contorna sitúanse arredor dos 1.100 euros.

A tendencia tamén se reproduce noutras provincias, onde as localidades da área metropolitana superan ás capitais en presión de demanda, como ocorre en Valencia, Tenerife, Alacante ou Sevilla. En paralelo, algunhas capitais de provincia manteñen unha forte concentración da demanda, como Guadalajara, Vitoria, Pamplona ou Zaragoza, mentres outras presentan menor intensidade relativa, como Lugo, Córdoba ou Salamanca. Ademais, en determinados enclaves con prezos elevados, superiores aos 3.000 euros mensuais, a demanda resulta máis limitada en relación coa oferta dispoñible.

Fonte.- Idealista