Portugal aproba un paquete de incentivos fiscais para impulsar a oferta de vivenda | Observatorio de Vivenda

Portugal aproba un paquete de incentivos fiscais para impulsar a oferta de vivenda

Portugal aproba un paquete de incentivos fiscais para impulsar a oferta de vivenda

Portugal aprobou un novo paquete de medidas fiscais orientadas a incrementar a oferta de vivenda, centradas en incentivar a construción residencial, o mercado do alugueiro e a adquisición de inmobles. Entre as principais novidades figura a redución do IVE aplicado á construción de vivendas do 23% ao 6% para inmobles destinados á venda ou ao alugueiro de longa duración como residencia habitual, sempre que se axusten aos límites de prezos moderados establecidos polo Goberno. No caso do alugueiro, o limiar sitúase en rendas mensuais de ata 23.000 euros, mentres que para a venda o tope máximo fíxase en 660.982 euros.

O paquete tamén incorpora incentivos tributarios para mobilizar máis vivendas cara ao mercado do alugueiro. O imposto sobre os ingresos obtidos por alugueiros de prezo moderado reducirase do 25% ao 10%, e quedarán exentas de tributación as plusvalías pola venda de inmobles residenciais cando os fondos se reinvistan en novas vivendas destinadas ao alugueiro. Ademais, elévase ata 1.000 euros mensuais o límite das deducións fiscais por alugueiro. Entre outras medidas, establécese un imposto do 7,5% sobre transmisións patrimoniais para compradores non residentes e continúan en tramitación reformas para axilizar o desenvolvemento urbanístico e facilitar a venda de propiedades herdadas en situación de bloqueo entre herdeiros.

Fonte.- The Portugal News