Préstamos subvencionados para rehabilitación (2019). IGVS, Xunta de Galicia

Préstamos subvencionados para rehabilitación (2019). IGVS, Xunta de Galicia

Créditos que se concederán a persoas físicas con ingresos que non superen 6,5 veces o Iprem, e con destino á rehabilitación de vivendas. As entidades financeiras Abanca, Caixa Rural Galega, CaixaBank e Banco de Sabadell serán as encargadas de conceder estes préstamos, cun importe máximo de 30.000 ou 60.000 euros, dependendo de que a garantía dos mesmos sexa persoal ou hipotecaria. 

Estas axudas poderán solicitarse ata o 15 de outubro deste ano e a convocatoria está dotada dun total de 204.405 euros. 

Convocatoria.- Diario Oficial de Galicia do 05-02-2019