Programa de axudas ao alugamento de vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (2018). IGVS, Xunta de Galicia.

Programa de axudas ao alugamento de vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (2018). IGVS, Xunta de Galicia.

Este programa consiste en dúas liñas de axudas co obxecto de facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos.  A axuda conta cun orzamento de 14,8 millóns de euros e ten carácter retroactivo (dende o 1 de xaneiro de 2018 ou dende a data do contrato). O prazo para a súa solicitude finaliza o próximo 30 de xullo e servirá para a concesión das axudas durante o período 2018-2021.

Convocatoria.- Diario Oficial de Galicia do 22-06-2018