Programa Rehaluga (2019). IGVS, Xunta de Galicia

Programa Rehaluga (2019). IGVS, Xunta de Galicia

Rehaluga é unha liña de subvencións dirixida a propietarios de inmobles adheridos ao Programa de Vivendas Baleiras co fin de axudalos a costear a realización de obras de rehabilitación e mellora nas súas vivendas. 

O importe da axuda suporá o 100% do custo das actuacións executadas, cun límite de 8.000 euros por vivenda. Cómpre salientar que o importe máximo da axuda se incrementa de forma notable na convocatoria deste ano, xa que pasa de 4.000 euros por vivenda en residencial colectivo ou 5.500 para vivendas unifamiliares fixado na anterior convocatoria, aos 8.000 euros da actual. 

A axuda poderá solicitarse ata o próximo 29 de novembro e a convocatoria está dotada en total cunha partida de 100.000 euros. 

Convocatoria.- Diario Oficial de Galicia do 05-02-2019