Reino Unido reformula o mercado do alugueiro con contratos indefinidos e rendas de mercado sen límites | Observatorio de Vivenda

Reino Unido reformula o mercado do alugueiro con contratos indefinidos e rendas de mercado sen límites

Reino Unido reformula o mercado do alugueiro con contratos indefinidos e rendas de mercado sen límites

O Reino Unido aprobou unha reforma de grande alcance no mercado do alugueiro privado que introduce contratos indefinidos de carácter mensual, eliminando os prazos fixos. As persoas inquilinas poden abandonar a vivenda cun mes de aviso, mentres que as rendas se axustan ao prezo de mercado sen límites máximos nin controis administrativos. A normativa tamén prohibe a discriminación por percepción de prestacións sociais ou por ter fillos, e recoñece o dereito a ter mascotas. Non se establece a figura de grandes tenedores nin réximes diferenciados por acumulación de inmobles, e os pagos anticipados quedan restrinxidos a unha mensualidade tras a sinatura do contrato.

En materia de resolución de conflitos, introdúcese un procedemento de desafiuzamento acelerado por impago, que permite a recuperación da vivenda tras tres meses sen aboamento das rendas. Tamén se eliminan as chamadas guerras de ofertas, impedindo que se soliciten pagamentos superiores ao prezo anunciado. A fixación da renda inicial e as súas actualizacións baséase en valores de mercado determinados por un tribunal especializado, apoiado en comparables de plataformas privadas do sector inmobiliario, sen intervención de índices públicos.

Fonte.- Idealista