Subvencións do programa de infravivenda do Plan rehaVIta: plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda (2020). IGVS. Xunta de Galicia

Subvencións do programa de infravivenda do Plan rehaVIta: plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda (2020). IGVS. Xunta de Galicia

Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia que residan, en condicións de propietarias, nunha infravivenda e non dispoñan de recursos económicos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade.

Así mesmo, estas subvencións terán por obxecto permitirlles aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes rehabilitar infravivendas do seu patrimonio municipal para destinalas a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nas bases reguladoras.

Máis información

Diario Oficial de Galicia