Subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres (2020). IGVS, Xunta de Galicia

Subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres (2020). IGVS, Xunta de Galicia

Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 20.000 habitantes para que poidan rehabilitar as antigas vivendas de mestres, as doutros oficios e as demais edificacións da súa titularidade e as adxudiquen, en réxime de alugamento, conforme o procedemento establecido no Programa de vivendas baleiras ou a norma que o substitúa, a unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM.

A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Máis Información

Diario Oficial de Galicia