Unha enquisa de Bright MLS sinala que 1 de cada 5 propietarios estadounidenses plantexa vender a súa casa o ano que vén | Observatorio de Vivenda

Unha enquisa de Bright MLS sinala que 1 de cada 5 propietarios estadounidenses plantexa vender a súa casa o ano que vén

Unha enquisa de Bright MLS sinala que 1 de cada 5 propietarios estadounidenses plantexa vender a súa casa o ano que vén

Unha enquisa realizada por Bright MLS a máis de 1.500 propietarios revela que un de cada cinco propietarios estadounidenses ten intención de vender a súa vivenda no próximo ano, sendo os propietarios de 30 a 49 anos os máis inclinados a facelo, cunha taxa do 27% ao 28%, fronte ao 10% dos de entre 50 e 59 anos e o 6% dos maiores de 60. Ademáis, o 32% dos compradores durante a pandemia plantexa vender as súas casas en 2025. Non obstante, este grupo representa só o 24% do total de propietarios. Entre os motivos principais de venda destacan a ambición persoal e laboral nos máis novos, os cambios familiares ou laborais nas persoas de mediana idade, e a busca de vivendas máis pequenas e próximas á familia nos maiores.

En 2020, segundo datos de Statista, vendéronse 822.000 vivendas nos Estados Unidos, a maior cifra dende 2006, cando se superou o millón de transaccións. Aínda que a pandemia freou esta tendencia, entre 2020 e 2023 rexistráronse 2,9 millóns de propiedades transferidas. Durante este período, as taxas hipotecarias históricamente baixas, que rondaban o 4%, estimularon a compra masiva de vivendas. Lisa Sturtevant, economista en xefe de Bright MLS, explicou que o aumento do valor das propiedades –cun incremento do 37% nos prezos dende 2019 segundo Realtor– xerou unha maior seguridade financeira para os propietarios, permitindo a moitos considerar vivendas de maior categoría malia as actuais taxas de interese, situadas no 6,7%.

Danielle Hale, economista en xefe de Realtor, sinalou que os vendedores deberán establecer prezos competitivos, especialmente nas zonas onde a asequibilidade é limitada. Ademais, advertiu de que a evolución das taxas de interese, a oferta de vivendas e as condicións económicas nos primeiros meses do ano serán clave para determinar o comportamento do mercado inmobiliario en 2025.

Fonte.- Idealista