Volve aumentar a compravenda de vivendas usadas en EEUU cinco meses despois, segundo a Asociación Nacional de Axentes Inmobiliarios | Observatorio de Vivenda

Volve aumentar a compravenda de vivendas usadas en EEUU cinco meses despois, segundo a Asociación Nacional de Axentes Inmobiliarios

Volve aumentar a compravenda de vivendas usadas en EEUU cinco meses despois, segundo a Asociación Nacional de Axentes Inmobiliarios

Tras cinco meses de caídas, a compravenda de vivendas usadas volve aumentar en Estados Unidos. Durante o mes de xullo pecháronse 3,95 millóns de transaccións, o que significa un aumento do 1,3% con respecto ao mes anterior, segundo a Asociación Nacional de Axentes Inmobiliarios (NAR).

Este incremento convida a pensar nunha estabilización do mercado inmobiliario estadounidense, xa que ao mesmo tempo, diminúen os tipos de interese nas hipotecas americanas. Aínda que a evolución é positiva, o ritmo de compravenda de vivendas usadas é débil, xa que é o mes de xullo con menos transaccións rexistradas desde o ano 2010.

Este baixo número de compravenda de vivendas usadas está provocado principalmente polos altos tipos que mantén a Reserva Federal de EE. UU, xa que sitúa a taxa de interese entre 5,25 e o 5,5%, o máximo desde xaneiro de 2001, aínda que está prevista unha baixada para o próximo mes de setembro.

Este informe tamén demostrou un incremento no prezo da vivenda durante o mes de xullo, un 4,2% máis que o mesmo período do ano pasado. Á súa vez, a oferta de vivenda usada en venda tamén aumentou durante este período, ata 1,33 millóns de propiedades saíron ao mercado americano o mes pasado, datos aínda inferiores aos rexistrados antes da pandemia, cando se sumaron ao mercado 1,9 millóns de activos novos.

Fonte.- Idealista