A Xunta anima á Lama a adherirse á axencia de protección da legalidade urbanística para velar por esta disciplina no concello

A Xunta anima á Lama a adherirse á axencia de protección da legalidade urbanística para velar por esta disciplina no concello

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, Jacobo Hortas, mantivo unha reunión co alcalde da Lama, Jorge Canda, na que o animou a iniciar os trámites para adherirse á APLU, co fin de velar pola disciplina urbanística no Concello.

O director entregou un borrador-modelo de convenio para que coñeza os termos e condicións desta posible colaboración, co fin de que o analice. En todo caso, adiantoulle que, se formaliza a adhesión, cedería as competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística relativas a obras que se executen sen licenza en varias clases de solo.

Hortas indicoulle que as portas da Axencia están abertas para aclarar todas aquelas dúbidas que xurdan neste proceso de análise e trasladoulle que sería unha boa noticia que A Lama se sumase á lista de concellos —na actualidade son 91— que se apoian na Xunta para garantir as boas prácticas que velen polo uso sostible e responsable do territorio.

Tamén lle brindou a experiencia técnica dos responsables e técnicos da Xunta para comentar todas aquelas cuestións nesta materia e que afecten ao municipio.

Fonte | Xunta de Galicia