Cadernos de Vivenda e Solo #5. Axudas para a rehabilitación de vivendas de mestres

Cadernos de Vivenda e Solo #5. Axudas para a rehabilitación de vivendas de mestres

O artigo 88 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, establece que as administracións públicas poderán adoptar medidas dirixidas a impulsar a posta no mercado de vivendas en alugamento, cos obxectivos prioritarios de mobilizar as vivendas baleiras e de favorecer o acceso a vivenda a colectivos singulares. No seu artigo 90 sinálase que a rehabilitación do patrimonio inmobiliario residencial será obxecto de atención prioritaria por parte das administracións públicas, con competencia en materia de vivenda, como forma de garantir o dereito a desfrutar dunha vivenda digna e adecuada e, como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do ambiente, da paisaxe e do territorio.

CONTIDO
Convocatoria 2017
Convocatoira 2018
Convocatoria 2019
Convocatoria 2020

PUNTOS DESTACADOS
Axudas ata o 90 por cento do custe para rehabilitar vivendas de titularidade municipal
Préstamos sen xuros para actuacións de rehabilitación ou adquisición de inmobles para rehabilitar

Documento.- Cadernos de Vivenda e Solo 5. Axudas para a rehabilitación de vivendas de mestres