
Galicia sitúase entre as comunidades autónomas con menores prezos da vivenda, tanto en alugueiro como en compravenda, pero os máis novos seguen tendo dificultades de acceso a vivenda a causa principalmente da precaridade laboral e os salarios que perciben polo seu traballo. Por iso é necesario implementar políticas de axuda para facilitar o seu acceso a vivenda.
A Xunta creou liñas de axudas específicas para menores de 35 anos, para facilitar o acceso a vivenda tanto en compravenda como en alugueiro. Ademais, os máis novos teñen as mesmas condición que o resto de cidadáns para acceder a outras axudas públicas en materia de vivenda.
CONTIDO
Axudas para adquisición de vivenda
Axudas para o alugueiro
Reforzo noutras axudas
PUNTOS DESTACADOS
Axudas de ata 12.800 euros para adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes e centros históricos.
Axudas para o alugueiro de vivenda
Vivendas de promoción pública destinadas a menores de 35 anos
Documento.- Cadernos de Vivenda e Solo 7. Axuda a menores de 35 anos