Decreto 128/2016, de 25 de agosto, polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia

Decreto 128/2016, de 25 de agosto, polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia

A certificación de eficiencia enerxética é o proceso polo que se verifica a conformidade da cualificación de eficiencia enerxética. A cualificación de eficiencia enerxética dun edificio permite á persoa usuaria coñecer, de forma sinxela e obxectiva, o comportamento enerxético do edificio. A calidade enerxética do edificio pasa así a ser un parámetro máis a ter en conta na decisión de comprar ou alugar, potenciándose unha maior demanda de inmobles energéticamente eficientes e fomentando os investimentos en aforro de enerxía.

O decreto regula a certificación enerxética dos edificios, o control técnico e administrativo desta certificación, a etiqueta de eficiencia enerxética e a información ás persoas consumidoras e usuarias. Así mesmo, regula o Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia, creado no Decreto 42/2009, de 21 de xaneiro, incluíndo no seu obxecto a comunicación dos certificados de eficiencia enerxética, tanto dos edificios ou partes do edificio de nova construción como existentes. Este rexistro será público, ofrecendo información sobre as características enerxéticas dos edificios cuxos certificados se atopan rexistrados.

Este decreto establece expresamente a obrigatoriedade de pór a disposición dos/as compradores/as ou persoas usuarias dos/os edificios un certificado de eficiencia enerxética que inclúa información obxectiva sobre a certificación enerxética dun edificio e valores de referencia, coa finalidade de que os propietarios/as ou arrendatarios/as do edificio ou dunha unidade poidan comparar e avaliar a súa eficiencia enerxética.

Por iso, a Administración terá un maior nivel de esixencia en materia de eficiencia enerxética nos edificios que ela mesma use ou promova.

Máis información.- Código de la vivienda de Galicia