Decreto 29/2010, de 4 de marzo de 2010, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia

Decreto 29/2010, de 4 de marzo de 2010, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia

O obxectivo da regulamentación en materia de habitabilidade de vivenda é dar resposta a estas esixencias así como ás novas demandas da sociedade e garantir, ao mesmo tempo, que se satisfaga o dereito constitucional que todo cidadán ten a habitar nunha vivenda digna. De feito, as adecuadas condicións das vivendas inciden de forma significativa na calidade de vida dos cidadáns.

Os estándares mínimos que configuran o limiar de habitabilidade deben establecerse atendendo á evolución da sociedade que demanda uns novos modos de habitar as vivendas máis acordes co tempo actual. Estes estándares han de favorecer a flexibilidade na configuración das vivendas de forma que posibiliten a súa variación ao longo da vida útil das vivendas, permitindo dar resposta ás cambiantes necesidades dos seus moradores.

Máis información.- Código da vivenda de Galicia