
Con data de 1 de marzo de 2011 publicouse o Decreto 31/2011, do 17 de febreiro, polo que se regulan as condicións xerais exixibles para o exercicio da actividade das entidades e dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación e a súa inscrición no rexistro correspondente.
O obxecto do presente decreto é regular as condicións exixibles para a presentación da declaración responsable das entidades de control de calidade da edificación e dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación (en diante ECCE e LECCE) con sede na comunidade autónoma de Galicia, co obxecto de iniciar a súa actividade, así como regular a súa inscrición no rexistro correspondente.