Decreto polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia. Xunta de Galicia. 2010

Decreto polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia. Xunta de Galicia. 2010

Con data 18 de marzo de 2010 publicouse o Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.

Este decreto ten por obxecto establecer as condicións de habitabilidade aplicables ás vivendas en edificacións de nova construción, así como regular os requisitos que deben cumprir as obras de rehabilitación ou obras de ampliación de edificacións existentes, co fin de que as vivendas obxecto das devanditas obras alcancen unhas condicións mínimas de habitabilidade.

Nos casos previstos no parágrafo anterior enténdese por condicións de habitabilidade os requisitos funcionais que deben reunir as edificacións para que poidan ser destinadas ao uso de vivenda.

Ligazón.- Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.