Esforzo no acceso á compra de vivenda en Galicia en 2024 | Observatorio de Vivenda

Esforzo no acceso á compra de vivenda en Galicia en 2024

Esforzo no acceso á compra de vivenda en Galicia en 2024

O presente documento recolle unha análise detallada dos principais indicadores de accesibilidade á compra de vivenda en Galicia, co obxectivo de medir o grao de dificultade que representa esta operación para a poboación. A través de indicadores como o esforzo inmobiliario, o esforzo financeiro, o prezo adquirible ou a exposición ao risco, definidas en profundidade na metodoloxía para o sinxelo entendemento destas, preténdese ofrecer unha visión integral e comparativa da situación actual.

Para facilitar a comprensión do contido, o documento estrutúrase nun conxunto de seccións que inclúen unha descrición metodolóxica, a análise individual de cada indicador, incorporando unha lectura temporal e territorial por provincias, e unha análise final conxunta, acompañada dun anexo metodolóxico onde se explican con maior detalle as fórmulas e fontes utilizadas.

Este estudo pretende contribuír á comprensión das dinámicas do mercado inmobiliario galego e ofrecer unha base sólida para o coñecemento sobre unha temática de importancia para os diferentes estratos sociais. 

DESCARGA O DOCUMENTO