II Pacto de vivenda de Galicia 2026 - 2030 | Observatorio de Vivenda

II Pacto de vivenda de Galicia 2026 - 2030

II Pacto de vivenda de Galicia 2026 - 2030

Documento coas liñas estratéxicas para o período 2026-2030 elaborado no seo do Consello do Observatorio da Vivenda de Galicia, constituído polos representantes das Administracións públicas con competencias na materia e os representantes de entidades, institucións ou asociacións que agrupan persoas físicas ou xurídicas que teñen a consideración de axentes da edificación na lei 38/1999 de 5 de novembro, de ordenación da edificación así como os axentes da propiedade inmobiliaria e administradores da propiedade inmobiliaria, como profesionais da intermediación inmobiliaria.

Desa análise conxunta e da contribución de todos os representados no Consello do Observatorio da Vivenda de Galicia, xorde este documento, baixo a denominación Pacto da vivenda de Galicia 2026 -2030, no que se recollen as liñas de actuación pública na materia e que se constitúe como un instrumento de planificación das políticas públicas neste campo para o período 2026-2030 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Documento.- Pacto de Vivenda de Galicia 2026-2030

Noticia.- Rueda destaca os 2.000 M€ que investirá a Xunta ata 2030 para acadar un parque de 10.000 vivendas públicas e blindar o dereito a un fogar