Informe sobre os programas de rehabilitación dirixidos aos concellos. 2019

Informe sobre os programas de rehabilitación dirixidos aos concellos. 2019

A Comunidade Autónoma de Galicia, desde que lle foron transferidas as competencias en materia de vivenda, mostrou sempre unha especial sensibilidade coa necesidade de incentivar a rehabilitación, especialmente no medio rural, mellorando a calidade de vida dos seus habitantes e potenciando a preservación dun importante patrimonio arquitectónico que estaba en perigo de desaparición.

Esta concienciación motivou que a Xunta de Galicia puxera en marcha diversos programas autonómicos orientados á rehabilitación do medio rural. Así, desde 1985, viñéronse sucedendo varios decretos reguladores de distintas axudas para concienciar da necesidade de preservar e dinamizar os numerosos núcleos rurais que se estenden ao longo da nosa xeografía, velando por superar as situacións de infravivenda, mellorar as condicións de habitabilidade das vivendas e garantir a súa adecuación ao medio ou á tipoloxía propia da zona.

O IGVS, actuando en consecuencia co anteriormente exposto, xestiona unha serie de programas de axudas de rehabilitación dirixidos non so ás persoas físicas e xurídicas promotoras das actuacións, senón tamén aos concellos por ser consciente do papel fundamental que debe xogar a administración local nesta materia.

Índice de contidos:

I.- INTRODUCIÓN
II.- PROGRAMAS ESPECÍFICOS DIRIXIDOS AOS CONCELLOS
     1.- Consideracións xerais 
     2.- Análise de cada programa de axudas
III.- CONCLUSIÓNS
IV.- COMPATIBILIDADE DAS AXUDAS

Documento.- Informe sobre programas de rehabilitación dirixidos aos concellos