Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.

A Lei do Solo aposta pola protección territorial e, en particular, pola defensa e respecto do chan rústico, xa sexa pola afección ao dominio público ou pola presenza de valores merecedores de especial salvagarda. E todo iso sen perder de vista a dimensión do chan rústico como solo produtivo e útil, que debe ser contemplada e potenciada.

Un dos principios que inspiran a lei é a simplificación administrativa e o interese pola consecución dos principios de axilidade e eficacia nesta materia, sen que iso supoña unha diminución do respecto aos valores naturais e á riqueza do noso territorio. Neste sentido, e en aras dunha máis adecuada formulación do ordenamento xurídico urbanístico, proponse mellorar o actual esquema, constituído pola Lei 9/2002, polo Regulamento de disciplina urbanística de Galicia e, de forma supletoria, os regulamentos estatais en materia de plan e xestión. En consecuencia, considérase apropiada a formulación dunha Lei do solo que incorpore as determinacións legais básicas e que se desenvolverá a través dun único regulamento da Lei do solo que desenvolva as cuestións de plan, xestión e disciplina urbanística.

Máis información.- Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.