
Dispondo, a Comunidade Autónoma de Galicia de competencia exclusiva en materia de sociedades cooperativas, resulta necesaria e prioritaria a promulgación da primeira Lei de cooperativas de Galicia, axustada ás especificidades propias das mesmas e adaptada ás estruturas económicas actuais, que lles permita desenvolverse económica e empresarialmente e contribúa eficazmente á súa dinamización.
Reforza a presente Lei o carácter empresarial das cooperativas ao obxecto de potenciar a súa intervención competitiva no mercado, entendéndoas como instrumentos eficaces para a creación de riqueza e xeración de emprego nos seus aspectos cuantitativos e cualitativos, cunha función de destacada importancia na redistribución de recursos, así como na prestación de servizos de natureza social.
É obxectivo prioritario da presente Lei dotar ao sector cooperativo de Galicia dunha regulación propia, avanzada, flexible e con vontade de estabilidade, que recolla as inquietudes das entidades cooperativas
Máis información.- Código de la vivienda de Galicia