
A presente lei inclúe regulacións orientadas a garantir o acceso á vivenda a quen realmente o necesita, e parte dos principios de igualdade e transparencia no acceso ás vivendas protexidas e ás axudas públicas, ao mesmo tempo que establece medidas que achegan seguridade xurídica ao mercado inmobiliario e garantías ás persoas adquirentes e usuarias das vivendas. Constitúe así un instrumento que pode proporcionar estabilidade e dinamismo ao sector e que permite estimular a promoción e rehabilitación das vivendas en xeral e das protexidas en particular.
Co obxecto de conseguir os fins citados, promúlgase a presente Lei de vivenda de Galicia, que pretende ser un auténtico código na materia, e que se divide en catro títulos aos efectos dunha máis fácil utilización da norma pola cidadanía:
- Título I: ocúpase da vivenda en xeral
- Título II: das vivendas protexidas e doutras actuacións protexidas
- Título III: da expropiación en materia de vivenda
- Título IV: da inspección e do réxime sancionador en materia de vivenda
Máis información.- Lei 8/2012, de 29 de xuño, de vivenda de Galicia