O alugueiro nos concellos do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia a xaneiro de 2026 | Observatorio de Vivenda

O alugueiro nos concellos do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia a xaneiro de 2026

O alugueiro nos concellos do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia a xaneiro de 2026

O presente informe ten como obxectivo achegar unha radiografía detallada e comparativa do mercado de alugueiro nas zonas con maior demanda na Comunidade Autónoma de Galicia, cun enfoque específico nos prezos, a partir dos datos do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda a data de xaneiro de 2025. A análise pon fincapé nas sete grandes cidades de Galicia, así como os concellos con maior número de demandantes en cada unha das catro provincias galegas.

A partir desta información, o informe busca ofrecer unha visión detallada das diferenzas entre os prezos medios de alugueiro dos concellos e os prezos medios dos grupos de concellos aos que pertencen, agrupados por tamaño e provincia, o que permite identificar tendencias e diferenzas de comportamento no mercado do alugueiro en función das características demográficas e territoriais de cada localidade. 

Descarga o documento