O prezo da vivenda en Galicia en 2023 | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en Galicia en 2023

O prezo da vivenda en Galicia en 2023

Co presente estudo preténdese ofrecer unha visión global e actualizada da evolución do prezo da vivenda na comunidade autónoma de Galicia. Para iso, realízase unha análise comparada a partir dos datos recollidos polas principais fontes oficiais dispoñibles, todos eles actualizados ao ano 2023.

O informe estrutúrase en catro grandes bloques, cada un deles correspondente a unha destas fontes: o Ministerio de Fomento, o Instituto Galego de Estatística (IGE), o Colexio de Rexistradores e a taxadora Tinsa. En cada apartado analízanse variables clave como o valor taxado da vivenda, o número de compravendas e os distintos índices de prezos. Finalmente, o documento complétase cunha sección de conclusións na que se sintetizan as principais tendencias observadas no mercado da vivenda en Galicia.

DESCARGA O DOCUMENTO