Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025. Presentación do seguimento 2021-2024 | Observatorio de Vivenda

Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025. Presentación do seguimento 2021-2024

Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025. Presentación do seguimento 2021-2024

O presente documento recolle un resumo das principais actuacións e liñas de axuda desenvolvidas ao abeiro do Pacto de Vivenda de Galicia 2021-2025, considerando o seguimento das anualidades 2021-2024. 

Ao longo desta presentación, abórdase nun primeiro apartado unha selección dos destacados globais do Pacto, recollendo as achegas máis significativas. Seguidamente, ofrécese unha análise detallada dos destacados por liña estratéxica, agrupando os avances segundo os grandes eixos de actuación definidos no Pacto. 

Finalmente, preséntase un cadro de mando-resumo das actuacións e axudas concedidas durante as anualidades 2021-2024, ofrecendo unha visión do estado actual das accións de cada programa, segundo estén pendentes, en preparación ou en execución.  

Descarga o documento