Plans e axudas da Unión Europea e países membros en materia de vivenda. 2018

Plans e axudas da Unión Europea e países membros en materia de vivenda. 2018

O Plans e axudas da Unión Europea e países membros en materia de vivenda representa unha imaxe real do estado da cuestión habitacional e das políticas de vivenda que se están levando a cabo no ámbito europeo.

Se ben as políticas urbanas non son consideradas como parte das competencias específicas da UE, o Tratado da Unión Europea (TUE) contén referencias ao dereito á vivenda e a cuestións relacionadas, como o fomento do desenvolvemento sustentable ou a loita contra a pobreza e a exclusión social. De aí que sexa imprescindible analizar non só as políticas vixentes en cada Estado, senón tamén as propias da UE que inflúen indirectamente na cuestión habitacional.

Este documento foi elaborado co obxectivo de avaliar esta situación, para o cal farase un breve repaso das declaracións e os pactos que guían a actuación da Unión Europea nesta materia, con especial incidencia nos máis recentes.

Posteriormente, analizarase o papel desenvolvido pola Unión Europea nas políticas habitacionais, centrando a atención na situación da vivenda nos fondos estruturais 2014-2020 da UE en base a Galicia como caso de estudo.

Finalmente, a análise diríxese ás políticas propias dalgúns dos Estados membros, usando coma criterior de seleción a súa proximidade e diversidade no que respecta á xestión da vivenda.

 

 

O documento estructúrase de acordo ao seguinte índice:

1. Introdución
2. Metodoloxía
3. Marco xeral: os principios guía
4. O papel da vivenda nos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos 2014-2020 (EIE)
    4.1 A Estratexia Europa 2020
    4.2 O Marco Financeiro Plurianual 2007-2013 e a evolución no 2014-2020
    4.3 Fondos Feder
    4.4 Fondos FSE
    4.5 Outros programas
    4.6 Programas operativos relacionados coa vivenda nos Estados membros
5. Políticas propias dos Estados membros
    5.1 Portugal
    5.2 Alemaña
    5.3 Reino Unido
    5.4 Francia
6. Consideracións finais

 

Ligazón.- Plans e axudas da Unión Europea e países membros en materia de vivenda