A transmisión de vivenda en Galicia. Setembro 2025 | Observatorio de Vivenda

A transmisión de vivenda en Galicia. Setembro 2025

A transmisión de vivenda en Galicia. Setembro 2025

O presente documento ten como obxectivo ofrecer unha visión actualizada da evolución da actividade de transmisión de vivenda en Galicia, prestando especial atención ás compravendas, dada a súa relevancia dentro do mercado inmobiliario. 

A análise abrangue o período comprendido entre 2015 e o terceiro trimestre de 2025, co propósito de observar a evolución da actividade ao longo dunha década marcada pola recuperación económica tras a crise e os cambios máis recentes que afectan ao sector. 

Os datos utilizados proceden da Estatística de Transmisións de Dereitos da Propiedade elaborada polo INE, así como doutra información relevante proporcionada polo Instituto Galego de Estatística (IGE) no ámbito da construción e vivenda.

DESCARGA O DOCUMENTO