Vivenda e emancipación da mocidade en Galicia. 2020

Vivenda e emancipación da mocidade en Galicia. 2020

Para estudar e entender as dificultades que pode atopar unha persoa nova á hora da emancipación, cómpre estudar a cuestión dende múltiples perspectivas, como os aspectos demográficos, o nivel de formación, o nivel de ingresos, a calidade do emprego e o custo da vivenda. 
O presente estudo aborda nun primeiro apartado á análise estatística, para coñecer, en primeiro lugar, a taxa de emancipación galega en relación co resto de comunidades autónomas, así como a súa evolución dende 2006, segundo sexo e grupos de idade. Unha segunda parte estuda os ingresos, e os datos laborais e sociolóxicos da mocidade, para despois poñelos en relación co custo da vivenda e avaliar o esforzo para o acceso a ela nunha terceira epígrafe e pechar así a análise estatística. Tras analizar a demanda abórdase o tema da oferta, coa realización dunha investigación en portais inmobiliarios que pon en relación a tipoloxía familiar dos fogares mozos coa tipoloxía da vivenda ofrecida no mercado. 
Finalmente, realízase unha enumeración das axudas e as subvencións dirixidas á mocidade, tanto directas como indirectas e relacionadas coa contratación e o emprego.  

INDICE DE CONTIDOS

1. Introdución 
2. Metodoloxía 
3. A contabilización da vivenda baleira 
     3.1 O Censo de Poboación e Vivenda 2011
     3.2 O proxecto do Censo de Poboación e Vivenda 2021
4. Estadísticas oficiais de vivenda baleira en Galicia
     4.1 Comparativa de vivenda non principal 2001-2011
     4.2 Vivendas baleiras segundo tamaño do municipio 
     4.3 Vivendas baleiras por ano de construción do edificio
     4.4 Vivendas baleiras por municipio
5. Políticas públicas 
6. Conclusións

Documento.- Vivenda e emancipación da mocidade en Galicia. 2020