Vivenda e emancipación da xuventude en Galicia | Observatorio de Vivenda

Vivenda e emancipación da xuventude en Galicia

Vivenda e emancipación da xuventude en Galicia

Este informe analiza a relación entre o custo da vivenda e as condicións sociais e familiares da xuventude en Galicia, centrando a atención nas condicións sociais, económicas e familiares do tramo de idade entre os 16 e os 29 anos, en liña cos estándares europeos. A partir de datos estatísticos procedentes de fontes oficiais, como a Enquisa de Poboación Activa, o Observatorio de Emancipación ou as estatísticas do Ministerio de Fomento, preténdese achegar unha visión actualizada da realidade que enfronta a mocidade galega no acceso á vivenda.

No documento preséntase a evolución da taxa de emancipación e do custo de acceso á vivenda, co obxectivo de obter unha visión global da situación actual e os antecedentes, comparando Galicia con España e o resto de comunidades.

DESCARGA O DOCUMENTO