Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) | Observatorio de Vivenda

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Ao Instituto Galego da Vivenda e Solo correspóndelle a realización da política de vivenda e solo da Xunta de Galicia co fin de garantir os dereitos constitucionais a unha vivenda digna e adecuada, especialmente para os sectores con menos capacidade económica, e unha utilización do solo de acordo co interese xeral.

En particular, de conformidade coa Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, correspóndenlle ao IGVS as seguintes funcións:

  1. Elaborar e propoñerlle á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas os plans e programas en materia de vivenda e solo.
  2. A promoción e xestión dos plans e programas indicados, aprobados pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas .
  3. Propoñer a elaboración de disposicións para o establecemento, o desenvolvemento e a xestión da política da vivenda e solo.