A diferenza entre prezos de oferta e demanda en Vigo é do 9%, segundo o novo Índice de Negociación de Fotocasa | Observatorio de Vivenda

A diferenza entre prezos de oferta e demanda en Vigo é do 9%, segundo o novo Índice de Negociación de Fotocasa

A diferenza entre prezos de oferta e demanda en Vigo é do 9%, segundo o novo Índice de Negociación de Fotocasa

Segundo os datos recollidos no novo Índice de Negociación Fotocasa, no primeiro semestre de 2025 detectouse unha diferenza media do 9 % entre os prezos de oferta e os de demanda de vivendas en propiedade na cidade de Vigo. Esta porcentaxe reflicte o marxe habitual para negociar á baixa o custo dunha vivenda. No caso de Pontevedra, esta diferenza acada o 12 %, sendo a cidade galega con maior posibilidade de rebaixa. Pola contra, na Coruña o marxe redúcese ao 8 %, situándose como o máis axustado. Cidades como Lugo (11 %) e Ourense (9 %) atópanse nun punto intermedio.

O índice, que será publicado cada seis meses, foi elaborado polo portal Fotocasa mediante a ferramenta DataVenues, especializada na análise de datos masivos aplicados ao mercado inmobiliario. Segundo María Matos, directora de Estudos da plataforma, este indicador permite entender onde hai máis desaxuste entre o que piden os vendedores e o que poden pagar os compradores. Factores como a evolución dos prezos, a demanda existente ou as características específicas da oferta dispoñible inflúen neste marxe de negociación, que pode ser útil tanto para profesionais do sector como para particulares.

Ademais, Fotocasa estima que o prezo medio do metro cadrado en Vigo se sitúa nos 2.815 euros. En canto ao alugueiro, segundo datos do portal Idealista, o prezo medio por metro cadrado en maio foi de 10,8 euros, igual ao do mes anterior e marcando un novo récord. Esta cifra supón un incremento de case o 7 % respecto ao mesmo mes do ano pasado, cando estaba en 10,1 euros por metro cadrado.

Fonte.- Faro de Vigo