Medio Ambiente traslada ao Concello de Oímbra as distintas liñas para incrementar o parque municipal de vivendas públicas

Medio Ambiente traslada ao Concello de Oímbra as distintas liñas para incrementar o parque municipal de vivendas públicas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda trasladou á alcaldesa de Oímbra as distintas posibilidade ao alcance da Administración local para aumentar o parque actual de vivendas públicas neste concello ourensán.

Un dos mecanismos aos que pode acceder Oímbra é o Fondo de Cooperación cos concellos, un instrumento para apoiar aos municipios de menos de 50.000 habitantes, a partir do cal se lle facilita ás entidades locais o financiamento necesario para acometer proxectos mediante a concesión de préstamos sen xuros.

Outra opción é habilitar nova vivenda a través do programa de construción de vivendas modulares, xa que é unha fórmula construtiva que permite acurtar os prazos e reducir a xeración de residuos. 

Por outro lado, no caso de que o concello aposte pola rehabilitación, dispón do programa de vivendas municipais que está dirixido a facilitar aos concellos a creación dun parque público de vivenda municipal para alugueiro, ao tempo que fomenta a rehabilitación de vivendas xa existentes.

Fonte | Xunta de Galicia