Esforzo no acceso ao alugueiro en Galicia en 2024 | Observatorio de Vivenda

Esforzo no acceso ao alugueiro en Galicia en 2024

Esforzo no acceso ao alugueiro en Galicia en 2024

O presente documento ofrece unha análise detallada da accesibilidade ao alugueiro de vivenda en Galicia, empregando para iso distintos indicadores calculados a partir da recollida e tratamento de datos procedentes de fontes oficiais, co obxectivo de ofrecer unha visión rigorosa e actualizada da realidade do mercado do alugueiro na comunidade.

A estrutura do informe parte dunha descrición metodolóxica onde se definen brevemente os indicadores empregados, información que se amplía no anexo metodolóxico. A análise dos indicadores realízase seguindo un mesmo esquema: evolución temporal, desagregación por provincias e principais cidades galegas, e conclusións.

A metodoloxía adoptada baséase na adaptación dos indicadores tradicionais de accesibilidade á compra de vivenda ao contexto específico do alugueiro. Neste sentido, o documento distingue dúas fontes principais: por unha banda, os datos do Índice de Alugueiro de Vivenda do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana (2023), que permiten a comparativa entre Galicia e o conxunto de España; e, por outra banda, os datos das fianzas de alugueiro do IGVS correspondentes a 2024, que proporcionan unha perspectiva máis recente e detallada da situación en Galicia.

DESCARGA O DOCUMENTO